O Deportivo da Coruña traballou esta tarde no Estadio de Riazor. Antes da sesión, o persoal sacouse a foto oficial da tempada coa presenza do presidente, Augusto César Lendoiro, e o corpo técnico ao completo.
Despois continuou o ambiente distendido na sesión que culminou con partidillo para continuar a preparación de face ao partido do sábado coa Valencia. Este xoves terán sesión de baño e masaxe no Estadio herculino a partir das 10:30 horas.