RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Adrián cae da convocatoria por unhas molestias nos isquiotibiais

Adrián López foi a sorpresa desagradable no adestramento desta tarde, previo ao encontro da 5ª xornada de LaLiga Santander entre o Deportivo e o Alavés de mañá mércores 20 de setembro ás 21:00 horas (Gol) no Estadio ABANCA-RIAZOR.

O atacante asturiano, nunha das últimas accións da sesión, sentiu unhas molestias nos isquiotibiais da súa perna dereita. Os Servizos Médicos realizaranlle probas complementarias nas próximas horas.

Con esta baixa inesperada, Pepe Mel citou a 18 futbolistas, entre os que está o fabrilista Edu Expósito. Ademais de Adrián, quedan fóra da lista os 'tocados' Pedro Mosquera, Carles Gil, Rubén e Bakkali.

Hoxe, cos fabrilistas Edu Expósito e Francis, Pepe Mel dirixiu un adestramento totalmente táctico a porta pechada no Estadio. Os futbolistas acabaron o traballo sobre o céspede co ensaio de lanzamento de faltas e penaltis.

Mañá mércores, os convocados concentraranse no Hotel Meliá María Pita ás 13:30 horas. Tras o choque, os 18 futbolistas regresarán ao hotel para cear. Os Servizos Médicos queren coidar ao máximo a alimentación e favorecer a recuperación física de cara ao encontro da fin de semana, o domingo 24 de setembro (12:00 horas, Bein LaLiga) en el RCDE Stadium (Barcelona).