RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Adrián Ortolá adéstrase en Abegondo e entra na lista para o amigable de hoxe en Carballo

Adrián Ortolá, a nova incorporación para a portería branquiazul, realizou esta mañá a súa primeira sesión de adestramento co RC Deportivo.

O meta catalán, do mesmo xeito que o dianteiro Quique González, entrou na lista de convocados para o partido desta tarde no campo das Eiroas de Carballo (20:00 horas) ante o Bergantiños.

Na lista, caen por lesión: Albentosa; Borja Valle; Gerard Valentín e Tytoń, cunhas bochas nun pé típicas de pretemporada; Francis, Bicho, Álex Cobo e Carlos López. Tampouco están entre os citados Fabian Schär e Diego Rolan, ambos con permiso do Club; Celso Borges, que non adestrou hoxe; e Krohn-Dehli, que continúa co seu plan de adestramento após o Mundial de Rusia.

Son novidade nesta ocasión os fabrilistas Blas, Quique Fornos, Gaizka e Diego Caballo.

Esta mañá en Abegondo, Natxo González preparou este segundo choque do verán cun adestramento fundamentalmente táctico, con ensaio de accións de estratexia como tarefa principal.

A directiva do Bergantiños fixou o seguinte prezo das entradas:

· 21 anos en diante: 10 euros

· Entre 16 anos e 21 anos: 5 euros

· Menores de 16 anos: Entrada gratuíta

O amigable do conxunto de Natxo González, segundo desta pretemporada, suporá a posta de longo do equipamento "Letras Galegas", o uniforme do Dépor que este ano leva o himno galego escrito sobre a banda da bandeira autonómica. Unha gran xornada para mostrar en xogo un equipamento que se estreou un 25 de xullo de hai 4 anos en Colombia fronte ao Deportivo Cali e que evolucionou cada temporada.