RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alba Merino continuará unha temporada máis no Dépor ABANCA

Alba Merino Sánchez (Guadiana del Caudillo, Badaxoz, 15 de maio de 1989) ampliou a súa vinculación co Deportivo ABANCA por unha temporada máis.

Unha das capitás do Dépor ABANCA renova o seu compromiso coa entidade coruñesa despois de tres temporadas vestindo de branquiazul. Nestes tres cursos, Alba converteuse nun alicerce tanto do equipo como do vestiario.

A xogadora pacense disputou 75 encontros oficiais co Deportivo ABANCA, que a sitúan no noveno posto histórico, e marcou 29 goles, que a elevan á sexta praza deste ranking. Con 12 tantos, Alba é a terceira máxima goleadora deportivista nestas dúas temporadas en Primera Iberdrola, só superada polos 24 de Peke e os 16 de Gaby. A pesar de sufrir unha longa baixa debido a unha fractura de clavícula no curso 2019-2020, Alba é quinta futbolista que máis partidos disputou co Deportivo ABANCA na máxima categoría, con 49 presenzas.

A centrocampista estremeña debutou na máxima categoría do fútbol español en 2003, co CF Puebla, con só 14 anos, sendo a futbolista máis nova na historia da Primeira División. Desde entón, só deixou de xogar na división de honra unha temporada, a do histórico ascenso do Dépor ABANCA, do que foi unha das principais artífices. Ademais, durante a Temporada 2006-2007, Alba alcanzou a internacionalidade coa selección española sub-19.

CF Puebla (2003-2007), Atlético de Madrid (2007-2011), Levante UD (2011-2017) e Santa Teresa CD (2017-2018) foron os equipos de Alba antes de recalar no Deportivo ABANCA, no que xogará por cuarta campaña consecutiva.