RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alba Merino, sobre o reto da permanencia: "Pódese, confiamos, temos equipo e imos loitar por iso"

Alba Merino pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo, minutos antes de partir de viaxe co Dépor ABANCA a Madrid para visitar mañá mércores 19 de maio ao Atlético de Madrid (18:00 horas, #Vamos) na Cidade Deportiva Wanda Alcalá de Henares.

A centrocampista branquiazul asegura que o Dépor ABANCA "está con moitísimas ganas de seguir puntuando, de seguir con esa xeira que levamos conseguindo puntos, que é o que necesitamos para lograr a permanencia. Imos a Madrid a tentar sumar. É un partido difícil pero a nosa intención é saír a por o tres puntos".

Afirma descoñecer de cara á permanencia "os puntos que imos necesitar. Así que cuantos máis fagamos mellor. Somos moitos equipos implicados e hai que sacar o maior número de puntos posibles".

Alba Merino, unha das futbolistas de raza do vestiario branquiazul, insiste en que "claro que se pode" lograr o reto da permanencia: "Somos conscientes diso. Temos catro ou cinco xornadas por diante. Pódese, confiamos niso, temos equipos para iso e imos loitar por iso".

Do choque ante o Atlético de Madrid de mañá espera "un partido moi complicado. Este ano é verdade que non están a ter o seu ano pero teñen un cadro de primeiro nivel, xogadoras moi boas, a maioría internacionais. É un partido complicado pero imos a por o tres puntos".

Recoñece após unha longa temporada que se achega aos últimos partidos que "chegamos ao final dos partidos un pouco máis xustas pero estamos a traballar para chegar nas mellores condicións posibles. Temos o reforzo de Lía, que nos vai a vir moi ben; e con isto imos competir até final de temporada".

A nivel persoal, confesa estar "a sufrir moitísimo desde o principio pola situación na que estamos. A min como a todas cústame pero nunca demos nada por perdido. Pelexamos cada partido até o final. Non baixamos os brazos. Ata que haxa opcións imos dalo todo e imos tentar conseguir o obxectivo da permanencia".