RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Alevín e Fabril FC Alevín abren unha fin de semana mañá sábado co Xuvenil A en loita polo título

Dous partidos abriron o calendario de partidos esta semana en #ANOSACANTEIRA.

Onte xoves 25 de abril o Fabril FC Alevín caeu (2-1) co CD Calasanz en partido correspondente á 5ª xornada disputada a pasada fin de semana da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

Os fabrilistas marchan cuartos na táboa após o Sada CF, Alevín A e San Tirso SD.

E esta tarde, o Alevín venceu en Abegondo (17-0) ao SD Residencia en choque do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 adiantado ao fin de semana. 

Mañá sábado 27 a atención está centrada no encontro do Xuvenil A en o campo 1 de Abegondo ante o Real Oviedo (17:30, Youtube RC Deportivo) correspondente á penúltima xornada na División de Honra.

Os branquiazuis son segundos na clasificación con 63 puntos por 64 do Real Racing Club, que a esa mesma hora recibe ao Veriña CF.

Xogan tamén en casa o Orzán SD Cadete Femenino (ás 16:00 na Torre) ante o EF Lalín; o Fabril FC Alevín (ás 9:30 na Torre) ante o Sada CF; e o Benxamín A (ás 9:30 na Torre) ante o UD Carral.

E compiten de visitantes o Orzán SD Infantil A Femenino (ás 9:30 en Ponte dos Brozos) ante o Atlético Arteixo; o Alevín A (ás 10:00 no Anexo das Eiroas) ante o ED Luis Calvo Sanz; e o Fabril FC Benxamín (ás 10:00 no Anexo das Eiroas) ante o ED Luis Calvo Sanz.

Os dous filiais xogan o domingo en Abegondo.

O Fabril, coa bancada de Abegondo xa totalmente chea, mídese ao Pontevedra CF ás 12:00 (Youtube RC Deportivo) na penúltima xornada en Segunda Federación.

Os fabrilistas, após o épico triunfo do pasado sábado ante o Coruxo FC, buscan con 40 puntos selar a permanencia coa referencia da RS Gimnástica de Torrelavega (37 puntos).

Pola tarde, ás 16:15, o Deportivo ABANCA B (2º) recibe ao líder Real Avilés CF.

No filial é baixa Michi Apóstol, concentrada con Venezuela no Campionato Suramericano sub-20 en Ecuador.

Ademais, o Orzán SD B sub-16 Femenino, instalado na zona media da Segunda Autonómica, recibe ao Brexo Lema SD (10:00 na Torre).

E fóra de casa o Orzán SD Xuvenil Femenino, empatado a puntos co Bergantiños CF na cabeza da Primera Autonómica, visita ao terceiro, o Tomiño FC Femenino (12:00 horas); o Orzán SD Infantil B Femenino ao Arzúa FCF (11:30); e o Xuvenil B ao Alondras CF (12:00).

Pola súa banda, non haberá liga para o Cadete, San Tirso SD Cadete, Infantil e San Tirso SD Infantil debido á disputa da Fase de Plata do Campionato de España por autonomías na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Na selección galega sub-16 están os cadetes branquiazuis Rodrigo, Íker Fernández, Pablo García, Nico Ruiz e Miguel de Labra; ademais de Samba e Gael, do San Tirso SD Cadete. O combinado galego disputará a gran final o domingo após eliminar a Andalucía na quenda de penaltis da semifinal.

Así mesmo, na selección galega sub-14 participaron os infantís branquiazuis Lucas López, Eder Vilas, Roi, Daniel López, Raúl e Sergio Cortizo; ademais de Antón Vilariño e Hugo Ferreiros, do San Tirso SD Infantil. Neste caso Galicia caeu nas semifinais ante Madrid e quedou apeada da gran final nesta categoría.

Finalmente #ANOSACANTEIRA recibiu dúas boas noticias esta semana.

Por unha banda a convocatoria de Lucía Rivas para a Fase Final do Campionato de Europa sub-17 en Suecia no mes de maio. Portugal, Polonia e Bélxica serán os rivais da selección española.

E por outro a citación de Antía Veiga para un torneo amigable tamén en maio coa selección española sub-15 con Portugal e Polonia como rivais.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
28ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL AVILÉS CF, o domingo 28 de abril ás 16:15 en Abegondo
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 72 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 63 puntos; 3. Olímpico de León, 51 puntos...

27ª xornada: TOMIÑO FC FEMENINO - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 28 de abril ás 12:00 no campo de O Alivio (Tomiño)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF e Orzán SD Xuvenil Femenino, 59 puntos; 3. Tomiño FC Feminino, 50 puntos...

27ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - BREXO LEMA SD, o domingo 28 de abril ás 10:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 6. Sporting Meicende e Xallas FC, 42 puntos; 8. Brexo Lema SD, 39 puntos; 9. SD Antas, 38 puntos; 10. Orzán SD B sub-16 Femenino e UC Cee, 37 puntos; 12. Cultural Maniños, 31 puntos...

27ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - EF LALÍN, mañá sábado 27 de abril ás 16:00 na Torre (campo 2)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 75 puntos; 2. Victoria CF (un partido menos), 66 puntos... 8. EF Lalín (un partido menos), 34 puntos...

27ª xornada: ATLÉTICO ARTEIXO - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, mañá sábado 27 de abril ás 9:30 en Ponte dos Brozos (Arteixo)
27ª xornada: ARZÚA FCF - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, o domingo 28 de abril ás 11:30 no campo de O Viso (Arzúa)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 70 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 68 puntos; 3. Racing de Ferrol, 61 puntos... 8. Atlético Arteixo, 34 puntos... 11. Arzúa FCF, 21 puntos; 12. Orzán SD Infantil B Femenino, 18 puntos; 13. AD Cristo Rey, 16 puntos...

Segunda Federación
33ª xornada: FABRIL - PONTEVEDRA CF, o domingo 28 de abril ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 2. Pontevedra CF, 64 puntos... 8. Coruxo FC, 42 puntos; 9. Real Avilés Industrial e Real Valladolid Promesas, 41 puntos; 11. Fabril, 40 puntos; 12. Marino de Luanco, 39 puntos; 13. RS Gimnástica de Torrelavega, 37 puntos...

Categoría xuvenil
29ª xornada: XUVENIL A - REAL OVIEDO, mañá sábado 27 de abril ás 17:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 64 puntos; 2. Xuvenil A, 63 puntos; 3. RC Celta, 61 puntos; 4. Real Oviedo, 54 puntos...

31ª xornada: ALONDRAS CF - XUVENIL B, o domingo 28 de abril ás 12:00 en O Morrazo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 78 puntos; 2. RC Celta B, 75 puntos... 12. Alondras CF, 34 puntos...

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 82 puntos; 2. RC Celta, 69 puntos... 5. ED Val Miñor Nigrán, 42 puntos; 6. Salgueiriños CF, 41 puntos; 7. Ural Español CF e San Tirso SD Cadete, 40 puntos; 9. ED Xuventude de Oroso, 39 puntos; 10. CD Lugo, 37 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 73 puntos; 2. RC Celta, 68 puntos... 10. UD Santa Mariña e CD Conxo Santiago, 31 puntos; 12. San Tirso SD Infantil, 29 puntos; 13. CD Lugo, 25 puntos...

Categoría alevín
9ª xornada: ALEVÍN 17 (Iván Gil -5-, Sergio Fernández -2-, David Gómez -2-, Rui Caamaño -2-, Manu Sande, Álvaro Gómez, Nacho Villanueva -2-, Hugo Luaces e Yoel Puñal) - SD RESIDENCIA 0
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. Alevín (un partido más), 25 puntos; 2. CD Lugo 22 puntos; 3. Ural Español CF e CD Calasanz, 18 puntos...

6ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ - ALEVÍN A, mañá sábado 27 de abril ás 10:00 no Anexo As Eiroas (Carballo)

5ª xornada (onte xoves): CD CALASANZ 2 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Alejandro Astray)
6ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - SADA CF A, mañá sábado 27 de abril ás 9:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Sada CF, 15 puntos; 2. Alevín A, 12 puntos; 3. San Tirso SD, Fabril FC Alevín e CD Calasanz, 6 puntos; 6. ED Luis Calvo Sanz, 0 puntos

Categoría benxamín
6ª xornada: BENXAMÍN A - UD CARRAL, mañá sábado 27 de abril ás 9:30 na Torre (campo 1.1)
6ª xornada: ED LUÍS CALVO SANZ - FABRIL FC BENXAMÍN, mañá sábado 27 de abril ás 10:00 no Anexo As Eiroas (Carballo)
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña: 1. Benxamín A, 15 puntos; 2. Victoria CF, 12 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 9 puntos; 4. ED Luis Calvo Sanz, 6 puntos... 6. UD Carral, 0 puntos