RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Alex Bergantiños presentou esta mañá en Vilasantar a segunda edición do seu Campus de fútbol basee

O futbolista do Dépor Alex Bergantiñvos presentó hoxe venres na Granxa Escola Ecológica de Vilasantar (á beira do campo de fútbol) a segunda edición do seu Campus de fútbol base, baixo a lema de "Educa

Coa colaboración do Concello de Sobrado e de Vilasantar, o Campus terá lugar no campo de fútbol municipal de Vilasantar, en quendas por idades desde o 30 de xuño ao 26 de xullo.

Así, os prebenjamines (nacidos no 2006 ou 2007) participarán do 30 de xuño ao 4 de xullo; os benjamines (nacidos en 2004 e 2005), do 7 ao 11 de xullo; os alevíns (nacidos en 2002 e 2003) do 14 ao 18 de xullo; e os infantís (nacidos no 2000 e 2001), do 21 ao 26 de xullo. O horario de todas as quendas será de 10.30 a18.00 horas; e a inscrición, ata o próximo 25 de xuño, será gratuíta para os nenos dos concellos de Sobrado e Vilasantar.

Haberá actividades de fútbol, fútbol sala, visitas culturais, talleres de igualdade de xénero, xogos na natureza, deportes acuáticos e de orientación.

A organización ten previsto transporte de ida e volta, comida e camiseta conmemorativa, ademais de varias sorpresas.