RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Alta hospitalaria para Lucas, que hoxe mesmo inicia a súa recuperación en Abegondo

Lucas recibiu o alta no Hospital Quirón Salud A Coruña e xa acudiu a Abegondo para iniciar a súa recuperación supervisado nos primeiros días polo readaptador Álex Canosa.

O dianteiro coruñés foi operado con éxito onte luns polo doutor Álvaro García-Rozado, acompañado polo Xefe dos Servizos Médicos do Real Club Deportivo Carlos Lariño, dunha fractura do arco cigomático malar producido, tal e como explicou o propio futbolista nunha mensaxe a #ANOSAFORZA, "na última xogada do partido, nun choque cun xogador do AD Alcorcón".

O dianteiro coruñés chamou á tranquilidade ao asegurar que "non vai ser (unha lesión) de longa duración"; promete que tentará volver canto antes "e dalo todo nestes últimos partidos que nos quedan, que son importantes para nós, para reencontrarnos".