RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Alumnos do Colexio Plurilingüe Ría do Burgo, hoxe en "Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis"

Os alumnos do Colexio Plurilingüe Ría do Burgo estiveron esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo gozando dunha nova xornada do proxecto 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis'. Os estudantes do centro educativo de Culleredo compartiron parte da mañá con Raquel e Albentosa, futbolistas do Dépor ABANCA e o primeiro equipo, despois de seguir de preto o adestramento do conxunto dirixido por Cristóbal Parralo.

Antes do encontro cos xogadores os alumnos recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista da Opinión da Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul'. A xornada acabou coa entrega de postais asinadas por ambos os futbolistas e coa foto de familia na bancada do campo principal de Abegondo.

A experiencia branquiazul dos alumnos do Colexio Plurilingüe Ría do Burgo concluirá en ABANCA-RIAZOR no próximo partido ligueiro do Dépor, fronte ao Betis, o vindeiro luns 12 de febreiro.