Amigable do Xuvenil B ante a Selección Galega Sub-16, hoxe luns en Abegondo
O Xuvenil B do Deportivo disputa hoxe luns 11 de decembro ás 17:00 horas un partido amigable no campo 4 da Cidade Deportiva de Abegondo. O seu rival será a Selección Galega Sub-16.
Despois de 15 xornadas disputadas, o Xuvenil B suma 30 puntos e é cuarto clasificado na Liga Nacional.
Esta fin de semana, o Xuvenil B visita ao Rápido de Bouzas, en partido aínda sen día e hora fixados.