RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Amin Mustapha foi de novo titular onte no novo triunfo de Marrocos ante a República Democrática do Congo

-Foto:@frmf.ma.fr

 

Amin Mustapha (na foto na fila de arriba o terceiro futbolista empezando pola dereita) finaliza hoxe domingo unha concentración coa selección de Marrocos sub-20 que arrincou o pasado domingo 19 no Complexo Mohammed VI en Rabat.

Durante estes días, o combinado marroquí disputou dous amigables ante a República Democrática do Congo no citado complexo deportivo.

O segundo deles foi onte sábado 25 de maio. Gañou (2-0) Marrocos e o futbolista branquiazul xogou completo o encontro.

No primeiro, o pasado mércores, os marroquís tamén venceron por 2-0 con Amin no once inicial. O defensor do Xuvenil A estivo sobre o céspede os 90 minutos.

Os resultados do combinado marroquí foron os seguintes:

Mércores 22 de maio
MARROCOS 2 - REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO 0

Sábado 25 de maio
MARROCOS 2 - REPÚBLICA DEMOCRÁTICA DO CONGO 0

O xuvenil branquiazul xa foi citado o pasado mes de xaneiro con este combinado nacional, neste caso para dous partidos ante Mauritania, tamén de preparación.

Amin Mustapha é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Lucía Rivas, Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.

/* Bot imbee */