RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Andrade volve actuar na selección portuguesa en partido oficial

Jorge Andrade foi a nota positiva para os internacionais do Deportivo que hoxe tiveron compromisos coas súas respectivas seleccións. O central deportivista participou na recta final do partido que Portugal tiña hoxe ante Kazajistán. A

En canto ao resto de deportivistas, Aouate foi titular con Israel, que caeu derrotado en Tel Aviv con Croacia (3-4) nun espectacular partido.
Polo que se refire a España, Luís Aragonés decidiu non contar con Capdevila nin con Lopo na derrota hispana ante Romanía en Cádiz (0-1). Arizmendi xa estaba descartado antes do partido por unha sobrecarga nos isquiotibiais. Tanto o madrileño como Lopo quedaron pois sen debutar na Selección Española.
Noutro dos amigables internacionais con representación deportivista, De Guzman xogou o noventa minutos na derrota de Canadá ante Hungría. E en Tiblisi (Xeorxia), Uruguai, con Fabián Estoyanoff de titular, caeu por dous tantos a cero coa Selección Nacional xeorxiana noutro partido de preparación..