RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Andrés Gardado: Ten moito mérito o que está a facer o Deportivo

Andrés Gardado, a piques de reaparecer este fin de semana, compareció ante os medios informativos no Mundo do Fútbol. Desmintió además que o Club lle puxese un prezo, aínda que sí habló de equipos que se in

-¿Xa con ganas de volver?
-Teño moitas ganas. Podo reaparecer e estou moi ilusionado.

-¿Falaches con Lotina para saber se estarás de inicio ou ben na segunda parte?

-Non falei directamente con Lotina. Si co preparador físico. Sinto ben da lesión, sen ningunha molestia nin desconfiaza. Pero non teño aire aínda para noventa minutos. Quero ir entrando aos poucos.

-Haberá que racionalizar esforzos porque ademais é ano de Mundial.

-Si, por éso. Non quero volver lesionarme.

-¿Coñeces xa o interese de México en que acudas a un amigable o mes de marzo?

-Falei xa con eles deste tema. Tentarei estar para xogar uns minutos e sobre todo estar co grupo que xogará o Mundial.

-¿É consciente o vestiario do Dépor que se se perde pódese caer de posicións europeas?
-Si. Pode ser. Pero non temos porqué asustarnos. O importante é estar arriba ao final. Desde logo o do domingo é o partido máis importante porque é o primeiro que temos. Sabemos que nos espera unha segunda volta moi complicada.

-Regresas ao campo e sen Filipe.

-Desde logo vai ser un regreso raro. Voltear a cabeza e non ver a melena de Filipe detrás.

-Desde logo estades a superar unha gran cantidade de circunstancias negativas.

-Falábao hai pouco con algún compañeiro voso. Ten moito mérito o deste equipo, o que está a facer este ano. Todo fala moi ben deste vestiario.

-¿Hai ánimo de desquite co Espanyol pola derrota da primeira volta?

-Non me gusta a palabra desquite. Doeunos moito esa derrota pero grazas a ela fomos o equipo que fomos.

-Din as estatísticas que o Espanyol é un dos equipos duros da liga. Polo menos están entre os que máis faltas cometen.

-Se cadra iso si é certo de que son duros porque fan faltas, pero non son os  máis agresivos. Hai outros equipos que sen facer tantas faltas, pegan máis.