RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Ángel Vales incorpórase á estrutura do RC Deportivo

Ángel Vales, profesor na Facultade de Ciencias do Deporte da UDC, incorpórase como colaborador á estrutura deportiva do RC Deportivo para desenvolver labores relacionados coa definición e aplicación de estratexias para a monitorizacion e optimización do rendemento nos seus equipos profesionais. Vales formará parte do departamento de Tecnoloxía analítica e deportiva dirixido por Nacho Lourido e á súa vez dependerá da dirección de fútbol, liderada por Fernando Soriano.
Ángel Vales posúe unha ampla experiencia en diferentes ámbitos profesionais do fútbol a nivel nacional e internacional, na que destaca o seu labor como adestrador-analista no Liverpool FC (2007-2009) e a selección española absoluta (2010-2018). Nos últimos anos colaborou como asesor externo en LaLiga para o desenvolvemento da plataforma de videoanálisis e datos Mediacoach.