Arrincou unha nova fin de semana de torneos amigables en #ANOSACANTEIRA.
Hoxe venres, San Tirso SD Infantil e Fabril FC Alevín (na foto principal da noticia) clasificáronse para a Fase Final da Golden Cup de Lisboa (Portugal). Mañá sábado mediranse ao Panionios grego e FC Porto respectivamente nos cuartos de final.
Así mesmo, no campo vigués de O Vao participan no Torneo Talleres Castiñeira o Fabril FC Benxamín mañá sábado 24 e o Alevín A o domingo 25.
Finalmente, o Benxamín A representará ao Club na Copa Ribadumia - Clae Viaxes, competición que se desenvolve durante a fin de semana no complexo da Senra.
O Trofeo Mini Teresa Herrera, cuxa final se xoga en ABANCA-RIAZOR antes do Trofeo Teresa Herrera, foi o protagonista tamén esta semana.
Os dous equipos benxamíns superaron o pasado mércores os oitavos de final, a partido único.
O Benxamín A, que acaba de gañar un dos torneos máis prestixiosos de Europa, a Sokolik Orlen Cup de Polonia, venceu en San Pedro de Visma aos Atlético Castros: 12-0.
Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín, que o luns superou na eliminatoria previa ao Relámpago SD, dobregou (15-0) ao Silva SD na Grela.
Así pois, ambos os equipos pasan a cuartos de final, que se disputarán o vindeiro luns 26 de xuño.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría infantil
Golden Cup, en Lisboa (Portugal)
Primeira Fase (horario local, unha hora máis en Galicia)
Xoves 22 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 4 (Raúl -2-, Iago Varela e Álex) - PARIS 13 ATLÉTICO 0
Venres 23 de xuño
SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Sergio Cortizo e Nikolay) - SENART MOISSY B 0
SAN TIRSO SD INFANTIL 5 (Sergio Cortizo -3-, Iago Varela e Jurgen Sobral) - SAN AUGUSTIN 0
Sábado 24 de xuño
Fase Ouro
09:00: SAN TIRSO SD INFANTIL - PANIONIOS
Categoría alevín
XV Torneo Talleres Castiñeira, en O Vao (Vigo)
Domingo 25 de xuño
Primeira Fase
10:30: ALEVÍN A - EF DENIS SUÁREZ (campo 1)
12:30: ALEVÍN A - AROUSA SC (campo 2)
16:00: ED VAL MIÑOR - ALEVÍN A (campo 1)
O tres primeiros de grupo pasan á Fase Final, que arrinca ás 17:35
Golden Cup en Lisboa (Portugal)
Primeira Fase (horario local, unha hora máis en Galicia)
Xoves 22 de xuño
SPORTING CP 6 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Hugo Macedo -2- e David Gómez)
Venres 23 de xuño
FABRIL FC ALEVÍN 15 (Nacho Villanueva -7-, Álvaro Gómez -2-, David Gómez, Yoel Puñal, Hugo Macedo, Jorge Fernández, Hugo Luaces e Martín López) - AC PORTO SALVO 0
FABRIL FC ALEVÍN 7 (Hugo Macedo -2-, Martín López -2-, David Gómez, Álvaro Gómez e Iván Gil) - OS BELENENSES 0
Sábado 24 de xuño
Fase de Ouro
11:00: FABRIL FC ALEVÍN - FC PORTO
Categoría benxamín
Mini Teresa Herrera, oitavos de final (mércores 21): ATLÉTICO CASTROS 0 - BENXAMÍN A 12 (Alejandro Astray -4-, Mateo Carballeira -3-, Javi Meiriño, Hugo Quintela, Xiao Fontao, Bruno Abelenda e Miguel Candal)
III Copa Ribadumia - Clae Viaxes, na Senra (Ribadumia)
Primeira Fase
Sábado 24 de xuño
10:45: BENXAMÍN A - ALLER DEPORTIVO (campo 2)
16:25: BENXAMÍN A - CD GRUPO ANTOLÍN (campo 1)
18:05: BENXAMÍN A - CP CALASANCIO (campo 1)
19:45: BENXAMÍN A - CD RIBERT (campo 2)
Domingo 25 de xuño
09:30: BENXAMÍN A - ATLÉTICO NAVALCARNERO (campo 2)
Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Final mentres que o terceiro xoga unha Fase de Consolación, todo iso a continuación
Mini Teresa Herrera, eliminatoria previa (luns 19): FABRIL FC BENXAMÍN A 12 (Alberto Novo -3-, Mateo Cardelle -2-, Leo Lorenzo -2-, Yago Prieto -2-, Breogán Díaz, Mateo Songo'o e Diego Castelo) - RELÁMPAGO SD 0
Mini Teresa Herrera, oitavos de final (mércores 21): FABRIL FC BENXAMÍN 15 (Mateo Cardelle -3-, Alberto Novo -2-, Breogán Díaz -2-, Leo Lorenzo -2-, Diego Castelo -2-, Andrés Valencia, Álex Casado, Yago Prieto e Mateo Songo'o) - SILVA SD 0
XV Torneo Talleres Castiñeira, no campo de O Vao (Vigo)
Sábado 24 de xuño
Primeira Fase
10:30: FABRIL FC BENXAMÍN - RÁPIDO PEREIRÓ CF (campo 1)
12:30: FABRIL FC BENXAMÍN - ED XUVENTUDE OROSO (campo 2)
16:00: ED VAL MIÑOR - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
O tres primeiros de grupo pasan á Fase Final, que arrinca ás 17:35
