RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "Os rapaces están a crer nunha idea que lles mandamos desde o corpo técnico"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa do Estadio Carlos Belmonte que "fixemos un gran partido a nivel xeral. Cando te pos por diante o equipo rival sempre acaba pondo todo no campo. Soubemos sufrir".

Subliña que "unha cousa que fixemos hoxe foi sentenciar o partido, cousa que o outro día (ante o AD Ceuta FC) co man a man (de Yeremay) non puidemos facelo. Estou contento pola vitoria, polo traballo dos xogadores e a seguir".

O técnico deportivista, despois de 5 vitorias consecutivas en liga e 6 contando o partido de Copa del Rey, quere "dar valor ao que facemos. Dá igual cando sumes os puntos, trátase de conseguir o obxectivo. Estamos dentro do obxectivo que nos marcamos a principio de ano, con esa gran humildade de que queda moito por diante, queda moito polo camiño".

Antonio Hidalgo está "moi contento polos rapaces porque están a crer nunha idea que lles mandamos desde o corpo técnico. E con esa humildade que require a liga, que é moi longa e moi competitiva".