RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ENTRADAS

Á venda as entradas para o Dépor - CD Castellón do domingo 7 de decembro ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR

Xa están á venda as entradas para o partido do domingo 7 de decembro ás 18:30 fronte ao CD Castellón en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 17ª xornada en LaLiga Hypermotion.

Pódense adquirir en calquera momento a través de bancada.rcdeportivo.es e na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) na Avenida de La Habana s/n, con este horario: de luns a xoves de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e o venres de 9:15 a 14:30.

Os prezos das localidades serán a partir de 25 euros, suxeito a cambios segundo dispoñibilidade.

Os soci@s amigo teñen o 25% de desconto na compra de entradas.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.