RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Rubén di que "se o míster necesítame de porteiro póñome tamén" e Samu está "orgulloso de representar ao Dépor"

Rubén López e Samu pasáronse pola zona mixta da Nova Creu Alta.

O polivalente futbolista de Silleda, autor do segundo tanto que sentenciaba a eliminatoria, confesou estar "moi contento pola titularidade, o gol. Levo traballando moito tempo, nunca baixei os brazos e foi recompensado".

Apunta que "tiña unha oportunidade de demostrar que estou preparado e non podía tirala ao lixo".

Rubén López quixo publicamente "darlle as grazas ao míster e ao corpo técnico pola confianza. Non me está tocando xogar moito pero estou para sumar".

De feito, recoñece que o lateral esquerdo "non é unha posición ideal para min pero se o míster necesítame de porteiro, póñome de porteiro tamén".

Finalmente opina que "cando ganas as semanas son máis fáciles e todo sae de cara. Agora hai que tentar prolongar esta xeira o máximo tempo posible".

Pola súa banda, Samu confesou após o seu debut no primeiro equipo estar "moi contento e agradecido a todos", á vez que "moi orgulloso de representar ao Dépor".

Asegura atoparse sobre o céspede da Nova Creu Alta "moi cómodo" pero insiste en que quere máis: "Hai que seguir".

O defensor deportivista opina do encontro que "había que ter paciencia, facelo longo e ao final acabou caendo do noso lado".