RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo: "O máis importante é que o equipo está moi vivo, sente forte"

Antonio Hidalgo manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que "o máis importante é que o equipo está moi vivo, sente forte".

Presume de "unha afección incrible. Hoxe (por onte) foi un espectáculo. Creo que hai unha récord de asistencia en Segunda División".

Nesta liña, o técnico deportivista mostrouse "moi agradecido á xente polo que nos transmite, pola forza que dá aos nosos xogadores".

Lembra que "cando chegamos; antes de empezar, cando Álvaro Ferllo ía cara á portería iso xa empezaba a tremer. Empúxannos moitísimo. Iso dálle ao futbolista un pico de confianza, sente a moita xente detrás. É un sentimento. Hai que seguir empuxando, sabendo a dificultade".

Así mesmo, fala de "un punto de tolemia. Crémonos máis poderosos que antes. Iso é clave".

Opina que "estamos nese pico de confianza que temos que seguir empuxando. Hai que ter a humildade de saber que quedan 8 partidos por diante. Hai que seguir competindo contra todo o mundo".

Antonio Hidalgo explica o bo momento do equipo en ABANCA-RIAZOR "nun cúmulo de circunstancias. Imos atopando situacións nas que os xogadores renden mellor que noutras; en inicio estamos a ser moito máis solventes; o balón viaxa con moita calma, antes había moita présa por atacar, por chegar á área contraria; o bloque está a ir moito máis xunto; e o futbolista vaise atopando ben nesas novas posicións, e iso inflúe no xogo e nos resultados".

Finalmente queda "coa solidez que estamos a demostrar. O Málaga CF só tivo un tiro entre os 3 paus. Logo soubemos defender nese bloque baixo, o equipo non se estresou nese momento e o resultado deixa 1 punto máis, nunha liga moi complicada. Queriamos os 3 pero estou moi contento polo rendemento dos xogadores, polo ambiente que hai. Quédannos 8 partidos por diante fundamentais".