RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Ao Fabril escápaselle o triunfo en Ourense no tempo engadido

O Fabril empatou (2-2) no campo do Couto co UD Ourense, unha das saídas máis complicadas da temporada, en partido da 12ª xornada que se disputou entre semana, aproveitando a festividade do 8 de decembro.

A primeira parte foi fabrilista, que plasmou a súa superioridade cos goles de Martín Ochoa, o seu décimo tanto esta campaña, e Iano Simão, este de cabeza após unha falta lateral. Jesús Ares puido marcar o terceiro na prolongación, pero o seu remate pegou no traveseiro.

Tralo paso polos vestiarios, os locais saíron dispostos a darlle a volta ao marcador. A pouco de arrincar, Brais Suárez detivo unha pena máxima e os seus dous remates posteriores.

O partido entrou nun ida e volta no que Martín Ochoa, antes de ser substituído, case marcou o terceiro e Brais Suárez de novo evitou un gol ourensanista, tanto que chegaría no 87.

Véndose preto do empate, o UD Ourense incrementou a presión sobre a área fabrilista e logrou a igualada no tempo engadido, no minuto 90+3.

A pesar deste resultado, o Fabril suma 28 puntos á fronte da Tercera RFEF, con 5 puntos de vantaxe sobre o Racing Villalbés, segundo na táboa con 23 puntos.

Fabril: Brais Suárez, Marc, Puerto, Dani Barcia, Marcel, Brais Val, Barba, Jesús Ares, Diego Gómez, Iano Simão e Martín Tamén xogaron: Iñaki, Davo, Currás e Álex Pereira.

O vindeiro domingo 11 de decembro ás 12:00 continúa a liga para o Fabril, que recibe en Abegondo ao UD Somozas, outro dos rivais da zona alta da clasificación.

Os resultados do Fabril en liga até a data son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0
Rápido de Bouzas 0 - Fabril 0
Fabril 6 (Nájera -2-, Martín Ochoa -3- e Iván) - Viveiro CF 0
Gran Peña FC 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa -2-)
Fabril 3 (Nájera, Diego Gómez e Marc Lachèvre) - Silva SD 2
Atlético Arteixo 1 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Dani Barcia)
Fabril 3 (Martín Ochoa, Diego Gómez e Iván) - CD Choco 1
UD Ourense 2 - Fabril 2 (Martín Ochoa e Iano Simão)