RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Apaixonante xornada en ANOSACANTEIRA, con varios duelos ante rivais directos polo liderado

#ANOSACANTEIRA prepárase para unha apaixonante xornada de fin de semana con varios duelos ante rivais directos na zona alta da clasificación.

Así, o sábado 13 de xaneiro haberá en Vigo dous derbis ante o RC Celta na División de Honra cadete (13:00) e infantil (11:00). En ambos os casos, o Dépor chega ao partido na cabeza da clasificación.

Os cadetes branquiazuis Rodrigo, Gabri Trigo, Janusz, Nico Ruiz, Pablo García, Íker Fernández e Miguel de Labra participaron hoxe mércores 10 de xaneiro en Estadio Anxo Cortizo de Lalín dun adestramento da selección galega sub-16; ademais dos infantís deportivistas Lucas López, Eder Vilas, Nico Naveiras, Nikolay, Raúl e Sergio Cortizo no mesmo escenario coa selección galega sub-14.

Pola súa banda, ás 10:00 no campo coruñés Víctor Fernández Alonso, o Orzán SD Infantil A Femenino, 2º na clasificación do subgrupo 1º da Liga Galega, visita ao líder, o Victoria CF.

E o domingo 14 ás 16:15 nas Eiroas, o Orzán SD Xuvenil Femenino, 2º na Primera Autonómica, enfróntase ao Bergantiños CF, líder da categoría.

En canto ao resto da xornada, o sábado 13 o Deportivo ABANCA B visita ao UD Llanera a partir das 15:30 horas.

As branquiazuis marchan na 2ª posición de Tercera Federación FutFem após o Real Avilés CF.

Así mesmo, en Abegondo o Xuvenil A, após a xesta copeira do pasado domingo ante o Athletic Club, volve á liga ante o Veriña CF A (16:15). Os branquiazuis está a 4 puntos dos líderes e non poden fallar.

Tamén en casa o San Tirso SD Cadete buscará ás 12:30 (Abegondo) coller osíxeno na clasificación ante un rival directo, o Rápido de Bouzas; e o Orzán SD Cadete ás 16:00 ante o Silva SD (San Pedro de Visma) manter a primeira praza na Liga Galega.

Nos 'verdes', Mauro e Samba estiveron hoxe no citado adestramento da selección galega sub-16 en Lalín.

Fóra de casa compiten o Xuvenil B en Lugo (12:45) e o San Tirso SD Infantil (12:30), que tivo a Antón Vilariño e Hugo Ferreiros nun adestramento hoxe mércores coa selección galega sub-14 en Lalín, en Salceda de Caselas fronte ao Escola Fútbol DSF nun duelo na zona media-alta da División de Honra.

O domingo 14 o partido destacado é o do Fabril en Abegondo ante o Real Avilés Industrial (12:00 horas, Youtube RC Deportivo), no arranque da segunda volta no grupo 1º de Segunda Federación.

Os de Óscar Gilsanz chegan ao partido cos reforzos do mediocentro Álex Alfaro, que xa debutou a pasada fin de semana ante o Real Oviedo Vetusta, e do dianteiro centro Jorge Martínez-Losa.

#ANOSACANTEIRA celebra ademais a convocatoria de David Mella e Kevin Sánchez coa selección española sub-19 con motivo dun partido ante Italia o mércores 17.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até mañá xoves ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese aforamento aínda dispoñible, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Ademais o domingo o Orzán SD Infantil B Femenino visita ao Racing de Ferrol (11:45) e o Orzán SD B sub-16 Femenino mídese na Torre (16:00) ao UC Cee na Segunda Autonómica.

Finalmente non ten competición esta fin de semana o Benxamín A, cuxo rival no subgrupo 1º de Primera A Coruña de fútbol 8, o FC Grande Obra, retirouse da competición.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
15ª xornada: UD LLANERA - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 13 de xaneiro ás 15:30 no campo Pepe Quimarán en Rondiella (Llanera, Asturias)
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 40 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 32 puntos; 3. Sárdoma CF e Lóstrego CF, 28 puntos... 12. UD Llanera, 14 puntos...

15ª xornada: BERGANTIÑOS CF - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO, o domingo 14 de xaneiro ás 16:15 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 32 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino e Lóstrego CF B, 28 puntos; 4. SD O Val, 27 puntos; 5. Atlético Arousana, 23 puntos...

15ª xornada: ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO - UC CEE, o domingo 14 de xaneiro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 9. UC Cee, 20 puntos; 10. UD Carral, 18 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, 17 puntos; 12. Silva SD e Cultural Maniños, 15 puntos...

15ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO - SILVA SD, o sábado 13 de xaneiro ás 16:00 en San Pedro de Visma (campo 2)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 39 puntos; 2. Victoria CF, 36 puntos; 3. Escuela FB Amistade, 33 puntos... 5. Silva SD, 24 puntos...

15ª xornada: VICTORIA CF - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO, o sábado 13 de xaneiro ás 10:00 no campo Víctor Fernández Alonso (A Coruña)
15ª xornada: RACING DE FERROL - ORZÁN SD INFANTIL B FEMENINO, o domingo 14 de xaneiro ás 11:45 na Gándara 1 (Ferrol)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 39 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 36 puntos; 3. Racing de Ferrol e Victoria FC, 31 puntos... 12. Orzán SD Infantil B Femenino e AD Cristo Rey, 7 puntos...

Segunda Federación
18ª xornada: FABRIL - REAL AVILÉS INDUSTRIAL, o domingo 14 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 11. Real Avilés Industrial, 21 puntos; 12. Marino de Luanco e Fabril, 18 puntos; 14. CD Cayón e Real Oviedo Vetusta, 17 puntos...

Categoría xuvenil
16ª xornada: XUVENIL A - VERIÑA CF A, o sábado 13 de xaneiro ás 16:15 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e Real Oviedo, 36 puntos; 3. Real Racing Club, 34 puntos; 4. Xuvenil A, 32 puntos; 5. SD Compostela, 25 puntos... 13. Veriña CF A, 13 puntos...

18ª xornada: CD LUGO B - XUVENIL B, o sábado 13 de xaneiro ás 12:45 na Cheda (Lugo)
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 46 puntos; 2. RC Celta B, 39 puntos... 17. CD Lugo B, 12 puntos...

Categoría cadete
16ª xornada: RC CELTA - CADETE, o sábado 13 de xaneiro ás 13:00 na Madroa (campo 2)
16ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - RÁPIDO DE BOUZAS, o sábado 13 de xaneiro ás 12:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 45 puntos; 2. RC Celta, 39 puntos... 12. Rápido de Bouzas, 15 puntos... 15. San Tirso SD Cadete, 10 puntos... 

Categoría infantil
14ª xornada: RC CELTA - INFANTIL, o sábado 13 de xaneiro ás 11:00 na Madroa (campo 2)
14ª xornada: ESCOLA FÚTBOL DSF - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 13 de xaneiro ás 12:30 no campo Penedo Redondo (Salceda de Caselas)
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 39 puntos; 2. RC Celta, 37 puntos; 3. Victoria CF, 26 puntos... 5. AJ Lérez, San Tirso SD Infantil e Pabellón Ourense CF, 19 puntos; 8. Escola Fútbol DSF e CD Areosa, 17 puntos...

Categoría alevín
10ª xornada: ALEVÍN A - ORILLAMAR SD, o sábado 13 de xaneiro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)
10ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 13 de xaneiro ás 12:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 27 puntos; 2. Fabril FC Alevín, 24 puntos; 3. CD Calasanz, 17 puntos; 4. Ural Español CF, 16 puntos... 6. Orillamar SD, 13 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 24 puntos; 2. Victoria CF, 21 puntos; 3. Ural Español CF, 18 puntos...

10ª xornada: SADA CF - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 13 de xaneiro ás 11:00 no campo de fútbol As Mariñas - Andrés Pena (Sada)
Clasificación da Primera A Coruña de fútbol 8, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Benxamín, 27 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 18 puntos... 5. Sada CF, 13 puntos...