RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Aranzubía desvela que o vestiario do Dépor 'cre na remontada'

Gran partido o de onte de Dani Aranzubía. Moi seguro nos balóns que lle chegaron ao seu área, salvó un gol cantado ao desbaratar un un a un ante un futbolista tan habilidoso como é Joaquín na primeira metade. Además, foi

Agora toca machada ante o Aalborg. "O vestiario cre na remontada. As sensacións son parecidas ás que tivemos co Brann. Fixemos un mal partido alá pero seguro que somos superiores", apunta o internacional deportivista. Non se atreve a falar de quen é o favorito na eliminatoria tras o 3-0 da ida: "Vai ser difícil pero estou convencido de que se contamos co apoio da bancada, poderemos".

Tamén apunta Aranzubía que o choque ante os daneses será moi complicado para el: "Ao ter que conseguir tantos goles seguro que haberá algún que outro desaxuste defensivo. Teremos que estar especialmente atentos porque se encaixamos un gol entón si será definitivo", explica Aranzubía.