RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O Dépor volve ao traballo para "seguir axustando moitas cousas. Isto vai de gañar"

Despois de 1.000 quilómetros e 12 horas de viaxe de regreso en autocar desde Granada durante toda a noite do sábado ao domingo; e despois do consecuente día de descanso de onte domingo, o Dépor regresou ao traballo esta mañá de luns en Abegondo.

Antonio Hidalgo, na sala de prensa do Nuevo Los Cármenes, advertiu que "hai que seguir axustando moitas cousas. Isto vai de gañar".

Os titulares en Granada só realizaron co grupo a primeira parte da sesión, unha activación supervisada polos preparadores físicos Roberto Cabellud e Sergio Roca.

Os demais membros do cadro continuaron cun exercicio de posición, unha tarefa de remates a portería e fútbol reducido, de alta intensidade.

Está con adestramento personalizado Jose Ángel.

Este martes hai xornada de descanso. Os Nosos comezarán este mércores 20 de agosto ás 10:30 a preparar a 2ª xornada de LaLiga Hypermotion, este domingo 24 de agosto ás 17:00 en ABANCA-RIAZOR ante o Burgos CF (Dazn e LaLiga TV Hypermotion).

Mario Soriano subliñou na zona mixta de Granada que o equipo vai a ese partido "con moitísimas ganas de seguir sumando de 3 e darlle unha alegría a #ANOSAFORZA en ABANCA-RIAZOR, que o ano pasado custounos moitísimo".