RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo insiste en "ter os pés no chan" pero "gozar porque na vida hai que gozar cando ganas"

Antonio Hidalgo subliñou na sala de prensa do Estadio Nuevo Los Cármenes que "vimos a un campo moi complicado, contra un gran equipo, que está a sufrir unha situación con xogadores determinantes que non están inscritos. Nós sabemos o talento e o potencial que temos. Hai que seguir axustando moitas cousas. É evidente que sumar de 3 é moi importante para a confianza. Hai que valorar ao rival, a súa situación, e sobre todo descansar e preparar o seguinte".

O técnico deportivista recalcou ante os medios que "é moi importante que todo o mundo senta partícipe. É evidente que os xogadores que quedaron no banco queren participar. Pero están enchufadísimos. A xente que saíu do banco entendeu eses momentos. Son moi importantes as pernas frescas sobre todo ao principio da temporada e sobre todo pola calor que está a facer. Estou moi contento por todos".

Extrae unha lectura "moi sinxela" do partido: "Temos 3 puntos. Quédannos 3 puntos menos para conseguir o obxectivo que nos marcamos, que é estar entre os 6 primeiros. Iso é polo que imos loitar. A partir de aí mellorar, coidar os detalles que seguramente temos que mellorar, pensar en seguinte partido contra o Burgos CF que nos vai a pór as cousas moi difíciles, ter os pés no chan, gozar porque na vida hai que gozar cando ganas e saber que imos sufrir moitísimo".

Insiste en que #ANOSAFORZA "ten que ser consciente da dificultade. Estamos seguros que ao seu lado imos competir mellor. Pero con tranquilidade absoluta. Sacamos 3 puntos nun campo moi difícil contra un gran equipo que nos puxo as cousas moi difíciles".