RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Aranzubía rebaixa a euforia: Non hai que esquecer que a situación é mala

Dani Aranzubía compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa do Mundo do Fútbol. O internacional deportivista quere pór os pés no chan tras o primeiro e claro triunfo da tempada logrado o pasado domingo a

Fai tres tempadas, a primeira de Miguel Anxo Lotina e o seu corpo técnico na Coruna, o Dépor completou unha nefasta primeira volta que liquidou cunha gran segunda parte da liga que o levou a postos europeos. Aranzubía, por aquel entón, estaba no Athletic Club. De todos os xeitos, está ao tanto do sucedido: "Vós mesmos me recordastéis o que fixo o equipo fai tres tempadas na que eu non estaba. Despois dunha primeira volta moi mala, fixo unha segunda moi boa e conseguiu meterse en Intertoto".

Hoxe xoves, o Diario As na súa edición en Galicia, resalta o dato de que o Dépor é un dos equipos que máis partidos deixou a súa portaría a cero. A estes números referiuse Aranzubía: "A solidez defensiva mantivémola en certo xeito salvo o partido do Madrid. O feito de deixar a portaría a cero catro partidos é significativo. É un dato que hai que ter en conta e seguir manténdoo. Iso ao final tradúcese en puntos".

Non cre demasiado Aranzubía nos sistemas: "Non notei nada co cambio de sistema. Pódese defender mellor con tres que con cinco. Está máis en como funcionen eses xogadores que na posición que ocupen". Ten claro que os futbolitas deben adaptarse ao que pida o técnico. "Estes últimos partidos decidiu xogar con cinco e o equipo trata de adaptarse e facelo o mellor posible", engadiu.

Sobre o rival, o Levante, opina que "é un recentemente ascendido que está a facer as cousas ben. Como a maioría desta Liga, o obxectivo é a salvación e tenta sacar os puntos no seu campo". Por iso, cualificou o partido do domingo ás 17.00 no Ciudat de Valencia como "moi complicado".