RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Arousa - Fabril e Xuvenil A - Lugo, mañá domingo na canteira

  Dous partidos, os dous mañana domingo 17 de xaneiro, son os destacados este fin de semana na canteira deportivista. A Fabril visita ao Arousa (17.00 horas) co obxectivo de alcanzar os postos de play off de ascenso a Segunda Divisi&oacute

Manu Mosquera citou a estes xogadores: Anxo, David, Róber, Iago, Santi Taboada, Lucas, Jorge, Blas, Pol Calvet, Edu, Bamba, Juan, Anxo, Alex Corredera, Óscar, Otero e Borja Domingo.
 
E o Xuvenil A, cuarto na División de Honra, recibe ao Lugo, terceiro clasificado, en Abegondo (12.00 horas). Para este partido, os socios teñen libre acceso á cidade deportiva. Para o público sénior, a entrada custa 3 euros.
 
Todos os demais equipos xogaron hoxe sábado: Cadete A, Infantil A, Benjamín A e Benjamín B en Abegondo; o Cadete B en Boiro; o Alevín A en La Torre; e o Alevín B en Sada, no partido de ida da final de Cópaa Consolación. Goleou o equipo branquiazul e é virtualmente campión. Repetirá o Alevín B mañá domingo en La Torre ante o Orzán, no seu segundo partido da Segunda Fase alevín. 
 
Só caeu o Infantil A (0-1), vítima da eficacia do Xuventude de Oroso en ataque.
 
A xornada do fin de semana para a canteira deportivista arrincou onte venres 15 de xaneiro en Abegondo con dous encontros e dous triunfos: O Xuvenil B impúxose (3-1) ao Calasanz na liga Nacional e o Infantil B á Santa María del Mar na Primeira Autonómica (10-0).
 
Por outra banda, o luns o Alevín A arrincará o Trofeo Luís Calvo de fútbol once. O seu primeiro rival será o Imperátor, ás 19.30 en Meicende.
 
O calendario de partidos, cos resultados de hoxe sábado, é o seguinte:
 
Terceira División
 
AROUSA - FABRIL, o domingo 17 de xaneiro ás 17.00 na Lomba
 
Categoría Xuvenil
 
División de Honra: XUVENIL A - LUGO, o domingo 17 de xaneiro ás 12.00 en Abegondo
 
Liga Nacional, xogado onte venres: XUVENIL B 3 (Víctor, Nico e un futbolista rival en propia meta) - CALASANZ 1
 
Categoría Cadete
 
División de Honra: CADETE A 2 (Armas e César) - DUMBRÍA 1
 
Liga Galega, grupo 1º: BOIRO 0 - CADETE B 2 (Manu e Dani)
 
Categoría Infantil
 
Liga Galega, grupo 1º: INFANTIL A 0 - XUVENTUDE DE OROSO 1
 
Primeira Autonómica, grupo 1º, xogado onte venres: INFANTIL B 10 (Buján -3-, Javi, Dani Barcia, Padín, Jairo, Matías e Quique -2-) - SANTA MARÍA DEL MAR 0
 
Categoría Alevín
 
Segunda Fase da Primeira Comarcal, grupos 1º e 2º, cuartos de final, volta: ALEVÍN A 5 (Daniel -3-, Xosé e Iván) - MONTAÑEIROS 0. Na ida: 10-0
 
Trofeo Luís Calvo de fútbol once, primeira xornada: IMPERÁTOR - ALEVÍN A, o luns 18 de xaneiro ás 19.30 en Meicende
 
Copa Consolación, final, ida: RAIO SADENSE A 0 - ALEVÍN B 9 (Dani (4), Domínguez (2), Eiroa, Carlos e Noah)
 
Segunda Fase do Segunda alevín, terceira xornada: ALEVÍN B - ORZÁN A, o domingo 17 de xaneiro ás 10.00 en La Torre 2
 
Categoría Benjamín
 
Primeira Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: BENJAMÍN A 17 (Óscar -3-, Adrián -2-, Samu -2-, David -2- e Pablo -2- Jorge, Lucas, Álvaro, Hugo, Zoe e Iván) - SPORTING CAMBRE A 0
 
Segunda Comarcal, grupo A Coruña - As Mariñas: BENJAMÍN B 9 (Eli -3-, Pablo, Jairo, Alex, David , Bruno e Dairon) - ATLÉTICO ARTEIXO 0