RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Soberbia vitoria do Fabril, con remontada incluída, en casa do poderoso CD Numancia

O Fabril logrou unha soberbia vitoria con remontada incluída (1-2) en Los Pajaritos ante un dos grandes candidatos ao ascenso, o CD Numancia de Soria.

Con este triunfo, o filial suma 28 puntos e ascende á primeira posición, á espera do que fagan este domingo 14 a Gimnástica Segoviana CF (28 puntos) ante o UD Ourense e o Oviedo Vetusta (26 puntos) ante o Salamanca CF UDS.

O filial pasou unha semana complicada pola lesión de Damián Canedo no ligamento cruzado do seu xeonllo dereito que lle obrigará a pasar por quirófano.

Manuel Pablo admitiu en rolda de prensa que "animicamente o equipo estivo bastante afectado".

Ademais do central causou baixa Quique Fernández, tamén tocado; o flamante internacional sub-19 Samu, Noé e Quique Teijo, co primeiro equipo en ABANCA-RIAZOR.

O partido arrincou da peor maneira.

Jony empuxa á rede aos 2 minutos un balón solto na área pequena deportivista ao saque de esquina. 

Hugo Ríos pediu falta ao colexiado do encontro e por este motivo foi amoestado.

O encontro púñase costa arriba ante un dos peores rivais.

Aos poucos o Fabril foi collendo aire e creando perigo sobre todo por banda esquerda, con Manu Ferreiro e Fabi.

E chegou o empate, obra de Domínguez case á media hora. O canteirán aproveitou unha indecisión do porteiro Joel Jiménez nun balón longo.

O resultado facía xustiza ao visto sobre o terreo de xogo.

O empate deixou noqueado aos sorianos, que perderon de vista a Hugo Ríos até o minuto 44, no que Jony cabeceou ao traveseiro da portería fabrilista.

Con 1-1 chegouse ao descanso.

Após o paso polos vestiarios, e despois dunha boa ocasión de Jony, Manuel Pablo comezou a mover o banco.

Bil e Mane relevaron a Dipanda e Fabi en primeiro lugar; e Nájera e Pablo Cortés a Manu Ferreiro e Domínguez logo.

A posesión do balón era do CD Numancia e o filial deportivista optaba polo contragolpe.

A un cuarto de hora do final, Bil puxo en vantaxe ao Fabril ao aproveitar un balón na área após un saque de esquina.

A diferenza doutros partidos, esta vez si o conxunto de Manuel Pablo soubo pechar os espazos e amarrar 3 puntos nunha semana complicada.

O vindeiro domingo 21 de decembro ás 12:00, o Fabril recibe no campo Arsenio Iglesias ao Real Ávila CF.

CD Numancia de Soria: Joel Jiménez, Marcos, Bonilla (Fermín, min. 77), Ian Olivera, Néstor (Dani García, min. 67), Hugo Matos (Jannick, min 77), Moustapha, Jony (Berto, min. 67), Álex Gil (Juancho, min. 64), Carlos Gutiérrez e Cristian Delgado

Fabril: Hugo Ríos, Mario Hermo, Aarón, Vilela, Íker Vidal (Hugo Torres, min. 68), Garrido, Estévez, Domínguez (Pablo Cortés, min. 75), Manu Ferreiro (Nájera, min. 75), Fabi (Mane, min. 62) e Dipanda (Bil, min. 62)

Árbitro: Antonio Ramírez, do comité catalán. Amoestou a Hugo Ríos (min. 2), Moustapha (min. 19), Domínguez (min. 57), Pablo Cortés (min. 81), Garrido (min. 85), Vilela (min. 89) e Jannick (min. 89)

Goles: 1-0 Jony (min 2); 1-1 Domínguez (min. 28); 1-2 Bil (min. 77)

Incidencias: partido disputado nos Pajaritos correspondente á 15ª xornada en Segunda Federación