RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FABRIL

Manuel Pablo insiste nas Eiroas en "levar o peso do partido" e "ser nós"

Manuel Pablo manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que o Fabril este domingo 1 de marzo ás 17:00 está ante "un rival difícil (o Bergantiños CF), nun campo difícil (As Eiroas) onde eles son fortes".

Insiste o técnico fabrilista aos seus en "tentar facer un bo partido, sabendo das dificultades. Son un equipo ben traballado, con calidade arriba. A partir de aí ser nós, o máis reconocibles posible".

Lembra que o Bergantiños CF "o outro día sacaron un empate contra a Gimnástica Segoviana CF. Aquí nada é fácil" e recalca en que o Fabril quere "levar o peso do partido, tentando controlar as transicións. Coa calidade que teñen os equipos pódennos facer dano nesas situacións. A partir de aí tentar acumular chegadas e sensacións positivas".

Finalmente, Manuel Pablo non esperaba unha liga co man a man co Oviedo Vetusta (ambos os empatados a puntos na cabeza da clasificación): "Hai moita igualdade. Comprobas os resultados e son moitos pola mínima. Filiais que estaban abaixo como Valladolid Promesas ou Rayo Cantabria agora están a volver a sacar series positivas. Podes atoparche con equipos que veñan en serie positiva e a dificultade é moi alta a pesar das posicións".