Arrancan a competición oficial Deportivo ABANCA B e Xuvenil A
Dous equipos de #ANOSACANTEIRA, Deportivo ABANCA B e Xuvenil A, inician este sábado 4 de setembro lonxe de Abegondo a competición ligueira en Primeira Nacional e División de Honra respectivamente.
O filial feminino visita ao Viajes InterRías FF (18:30 horas) e o actual campión de España comezará a defensa do seu título nacional en Oviedo (17:00 horas).
En canto ao resto de equipos, continúan con amigables de preparación desde este venres o Fabril, Xuvenil B, Cadete e Infantil.
O filial masculino enfróntase ao Betanzos CF no Municipal García Hermanos no seu último test de pretemporada. O conxunto local, un histórico do fútbol galego, milita actualmente en Preferente Autonómica. En xogo estará a XI edición do Trofeo Cidade de Betanzos.
O calendario de partidos é o seguinte:
Terceira RFEF XI Trofeo Cidade de Betanzos BETANZOS CF - FABRIL, o domingo 5 de setembro ás 19:00 no Municipal García Hermanos
Categoría feminina Primeira Nacional, grupo 1º, 1ª xornada: VIAJES INTERRÍAS FF - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 4 de setembro ás 18:30 no Campo Novo San Pedro (Vilalonga, Sanxenxo)
Categoría xuvenil División de Honra, grupo 1º, 1ª xornada: REAL OVIEDO - XUVENIL A, o sábado 4 de setembro ás 17:00 en El Requexón (Oviedo)
Amigable: XUVENIL B - CD CALASANZ A, o venres 3 de setembro ás 18:00 en Abegondo (campo 4)
Categoría cadete Amigable: CADETE - CD CALASANZ B (xuvenil), o sábado 4 de setembro ás 11:00 en Abegondo (campo 7)
Categoría infantil Amigable: INFANTIL - CD CALASANZ B (cadete), o sábado 4 de setembro ás 10:30 no campo do Pinar (Vizoño)