RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Arsenio fártase dos olés! (Deportivo 3 - Tenerife 3)

Este Deportivo promete. Así se referían moitos afeccionados despois de ver un gran espectáculo de fútbol na primeira eliminatoria da Copa do Rei en Riazor. Os deportivistas empataron a 3 contra o Tenerife, o cal só nas postrimerías e grazas ao hiperactivo

ARSENIO: SON DEMASIADO OLÉS PARA TAN ESCASA EFECTIVIDADE

O aspecto de Arsenio Igrexas reflectía claramente o seu estado de ánimo. Entrou na sala de prensa serio e moi enfadado (...).

-Que ten que dicir do partido?

-Do partido non teño nada que dicir. O único que podo facer é aguantarme e tentar que non volva pasar.

-Non cre que o Tenerife foi un equipo demasiado duro?

-Así é o fútbol. O que ao meu non me gustou é estar a bailar con tantos olés e máis olés e demasiados olés. Coa vantaxe que tiñamos había que desenvolver o noso xogo e non seguir atacando como tolos sen pensar na defensa.

-Pensa que o Deportivo nun momento dado tivo que haber serenado o xogo?

-Iso era o que tiñamos que facer e deixarnos de tanto baile. Había que retardar o xogo, serenarnos e imprimir velocidade en determinados momentos. Tiñamos que pensar que eles estaban con dez e nós con once, pero non o fixemos e volvemos regalar un partido que tiñamos gañado cunha renda importante.

-Volvemos aos agasallos do ano pasado?

-O Deportivo é parvo nese sentido, sempre nos creamos nós mesmos os problemas, e é o que non pode ser.

-Non adoece o Deportivo de dureza, cando se está comprobando que os xogadores reciben patadas continuamente?

-Nós non podemos cambiar á nosa xente, saímos a xogar ao fútbol e facemos un fútbol bonito, ás veces tanto que mellor é imposible, pero tamén hai que ser eficaces.

E abandonou Arsenio a sala de prensa moi malhumorado, coma se non fose capaz de asimilar e crerse o que sucedera no terreo de xogo.