RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

As entradas para o Dépor - CD Castellón, xa á venda

Xa están á venda as entradas para o partido do mércores 29 de maio ás 21:00h. fronte ao CD Castellón en ABANCA-RIAZOR, encontro de ida da Final de Campións de Primera Federación. As socias e os socios do RC Deportivo poden acceder directamente co seu carné en formato físico ou dixital, este último a través da APP RC Deportivo: https://rcdeportivo.es/app.

Os prezos para o público oscilan entre os 135 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 30 dos fondos. Tamén se pode consultar a posibilidade de alugar un Palco VIP a través de areasvip@rcdeportivo.es.

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es, na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) no seu horario habitual, de hoxe mércores 22 ao venres 24 e o luns 27 e o martes 28 de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00, ou o mesmo mércores 29 a partir das 14:00h. e até o descanso do partido nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.

/* Bot imbee */