RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

As entradas para o Dépor - Real Unión, á venda esta tarde

O RC Deportivo poñerá á venda esta tarde, ás 17:00 horas tanto online como na OAD, as entradas para o partido do sábado 25 de maio ás 19:00h. fronte ao Real Unión Club irundarra en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 38ª e última xornada do grupo 1 de Primera Federación. As socias e os socios do RC Deportivo poden acceder directamente co seu carné en formato físico ou dixital, este último a través da APP RC Deportivo: https://rcdeportivo.es/app.

Os prezos para o público oscilan entre os 135 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 30 dos fondos. Tamén se pode consultar a posibilidade de alugar un Palco VIP a través de areasvip@rcdeportivo.es.

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es, na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) no seu horario habitual, de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00, ou o mesmo día do partido nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes, en horario aínda por definir.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.

/* Bot imbee */