RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSAFORZA

As entradas para o RC Deportivo - Real Sociedad B, xa á venda

Xa están á venda as entradas para o partido do xoves 4 de xaneiro ás 19:00h. fronte á Real Sociedad B en ABANCA-RIAZOR, correspondente á 18ª xornada do grupo 1 de Primera Federación. As socias e os socios do RC Deportivo poden acceder directamente co seu carné en formato físico ou dixital, este último a través da APP RC Deportivo: https://rcdeportivo.es/app.

Os prezos para o público oscilan entre os 100 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 15 dos fondos. Tamén se pode consultar a posibilidade de alugar un Palco VIP a través de areasvip@rcdeportivo.es.

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es ou na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) no seu horario habitual, de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00, aínda que durante as dúas próximas semanas abrirá de martes a venres, xa que os luns 25 de decembro e 1 de xaneiro permanecerá pechada.

Xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.