RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

As entradas para os partidos ante CyD Leonesa e CD Arenteiro en ABANCA-RIAZOR, xa á venda

Xa están á venda as entradas para os dous próximos encontros consecutivos en ABANCA-RIAZOR. O RC Deportivo recibirá o sábado 20 de abril ás 19:00h. á Cultural y Deportiva Leonesa e o domingo 28 de abril, tamén ás 19:00h., ao CD Arenteiro, en partidos correspondentes á 33ª e 34ª xornada do grupo 1 de Primera Federación. As socias e os socios do RC Deportivo poden acceder directamente co seu carné en formato físico ou dixital, este último a través da APP RC Deportivo: https://rcdeportivo.es/gl/app.

Os prezos para o público oscilan entre os 100 euros da nova Tribuna Inferior VIP (con acceso a catering) e os 20 dos fondos. Tamén se pode consultar a posibilidade de alugar un Palco VIP a través de areasvip@rcdeportivo.es.

As entradas poden adquirirse en calquera momento a través da páxina bancada.rcdeportivo.es, na Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD) no seu horario habitual, de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00, ou o mesmo día de ambos a partidos a partir das 16:00h. e até o descanso dos mesmos nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes.

Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos en caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.