RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

As Nosas pechan a pretemporada este sábado na localidade asturiana de Grado ante o Athletic Club B

As Nosas pecharán a pretemporada cunha última cita amigable, o sábado 2 de setembro a partir das 17:00 na localidade asturiana de Grado ante o Athletic Club B, conxunto que tamén milita en Primera Federación Iberdrola.

A partir de aí o Dépor ABANCA encara a liga, que arrincará no estadio Nou Sardenya de Barcelona o domingo 10 de setembro ás 11:00 horas ante a CE Europa.

O calendario de verán do Deportivo ABANCA, cos resultados dos partidos xa xogados, queda así:

Sábado 5 de agosto, XI Trofeo Teresa Herrera (ABANCA-RIAZOR): Deportivo ABANCA 2 (Paula Gutiérrez e Eva Dios) - Deportivo Alavés Gloriosas 0
Sábado 12 de agosto, (Abegondo): Deportivo 0 - SC Braga 1
Venres 18 de agosto, (Guimarães): Sporting CP 3 - Deportivo ABANCA 1 (Millene)
Martes 22 de agosto, (San Claudio, Oviedo): Real Oviedo 0 - Dépor ABANCA 1 (Millene)
Domingo 27 de agosto, (campo Sergio Sánchez López de El Berrón, Asturias): Dépor ABANCA 1 (Millene) - SD Eibar 1 
Sábado 2 de setembro, (Estadio Marqués de la Vega de Anzo, Grado, Asturias), 17:00: Deportivo ABANCA - Athletic Club B