RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Augusto César Lendoiro, homenaxeado polo Liceo

O presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, recibiu esta noite na Praia Club a insignia de ouro e brillantes do Hockey Club Liceo Vodafone e foi nomeado, ademais, Presidente de Honra da entidade coruñesa, club deportivo máis laureado do deporte gal

O acto, sinxelo pero moi entrañable, emocionou ao dirixente branquiazul que agradeceu o xesto e pediu a colaboración de todos, de institucións privadas e públicas para o Liceo, un club que se achega a unha nova Intercontinental.

Como presidente da entidade verdibranca, Augusto César Lendoiro ascendeu ao Liceo á máxima categoría do hockey sobre patíns español e conquistou todos os títulos posibles tanto a nivel nacional como internacional.