Para este domingo 22 de marzo quedaron 2 encontros en ANOSACANTEIRA feminina.
O Orzán SD Sub-21, en Tercera Federación, caeu (0-1) na Torre co Victoria CF, un poderoso rival que marcha na 2ª posición.
Con este resultado, as orzanistas quedan na 9ª posición con 21 puntos.
E en Santa Isabel (Santiago de Compostela), o Orzán SD Xuvenil, 13º con 16 puntos na Primera Autonómica, non puido (3-0) co Victoria FC B.
O partido do Dépor ABANCA B ante As Celtas este sábado 21 de marzo no campo Arsenio Iglesias foi o choque máis destacado da fin de semana.
O encontro foi retransmitido en directo pola canle oficial de YouTube do RC Deportivo.
Venceron as viguesas (1-2) no Dépor Training Center a pesar do bo partido do equipo branquiazul, que puido aliñar a todas as futbolistas que están en dinámica do primeiro equipo en Liga F: Carmen, Lucía Rivas, Redru e Paula Novo.
Con este resultado, As Nosas quedan en 11ª posición da Segunda Federación con 22 puntos.
Esta semana tocou descanso para o Orzán SD Cadete no grupo 1º da Liga Galega; e para os dous equipos infantís antes de arrincar o Grupo polo Título da Liga Galega o A e a Fase de Plata o B.
Os resultados da fin de semana foron os seguintes:
Segunda Federación
22ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 1 (Daniela Valbuena) - AS CELTAS 2
Tercera Federación
19ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 0 - VICTORIA CF 1
Primera Autonómica
22ª xornada: VICTORIA FC B 3 - ORZAN SD XUVENIL 0
