RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Augusto César Lendoiro, secretario xeral de Deportes

Augusto César Lendoiro, presidente do RC Deportivo e do Liceo Caixa Galicia foi nomeado onte no Consello da Xunta, secretario xeral de deportes na Comunidade Autónoma.

Isto é como un conto de fadas no que os soños se converten en realidade

César Lendoiro será durante catro anos o máximo responsable do deporte en toda Galicia e vén avalado polo seu traballo é esta mesma área na Deputación da Coruña. Di que vive unha situación similar ás dos contos de fadas, xa que dediquei toda a miña vida ao deporte e agora teño a oportunidade de levar a cabo en Galicia o programa que eu mesmo deseñei.

Cinco mil millóns de orzamento

Os principios básicos de actuación serán a posta en marcha de orzamentos, montar a infraestrutura necesaria nos municipios e centros de ensino, apoio e fomento ao deporte a través de clubs, federacións e asociacións deportivas, ... para iso contará con 5.000 millóns de pesetas de orzamento.