RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Automatismos de ataque e balón parado, tarefas para un Dépor hoxe a menor intensidade

Como adoita ser habitual dous días antes de cada partido, o Deportivo, tamén co fabrilista Álex Cobo, rebaixou esta mañá a intensidade, non así a duración (por riba das 2 horas), do adestramento en Abegondo.

Un exercicio de automatismos de ataque e ensaio de accións a balón parado, saques de esquina e saques de banda, foron as tarefas principais hoxe, de cara ao encontro deste domingo 7 de outubro en ABANCA-RIAZOR ante o Málaga (18:00 horas, Movistar Partidazo), correspondente á 8ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Para empezar o adestramento houbo un quecemento, xogos de activación e fútbol tenis.

Mañá sábado, o cadro está citado ás 11.00 horas no estadio para unha sesión a porta pechada, a última antes do choque ante o conxunto andaluz.