Amigos da Coruña, entidade interesada en todo o que se refira á cidade, fixo un chamamento público de axuda ao Deportivo, para afrontar decidida e comunitariamente a crise que afecta o club branquiazul.
No escrito que asina a presidneta de Amigos da Coruña, Margarida Ponche, solicítase a colaboración de organismos oficiais, institucións, gremio de hostalaría, comercios, ... a fin de participar no proxecto de Salvación do Deportivo. Demandan a formación dunha xunta xestora, no caso de que non prospere ningunha das posibles candidaturas á presidencia do Club Coruñés...