Coa consecuente diferenza horaria, hoxe amencerá en terras brasileiras o presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, que acompañado polo directivo Luís Sánchez Doporto, desprazouse a Río de Janeiro cun dobre obxectivo como mínimo: tentar aclarar e p
Segundo palabras do propio presidente... "se non logro a confirmación da fichaxe de Bebeto posiblemente despráceme a Sao Paulo para traer ao Deportivo ese crack que estamos a buscar". Mentres tanto o xogador manifestaba nunha radio de Río que a súa fichaxe polo Borussia de Dortmund era un feito.