Boa actuación do Fabril FC Alevín no Torneo Indoor de Ginebra (Suíza)
O Fabril FC Alevín disputou durante hoxe domingo no Sports Center Bout-du-Monde da cidade suíza de Ginebra un Torneo Indoor.
Os rivais dos fabrilistas na Primera Fase foron o KRC Genk, Team Chênois-Champel e FC Lausanne Sport.
A clasificación final deixou ao Fabril FC Alevín na 12ª posición da competición.
Os resultados foron os seguintes:
Domingo 9 de marzo Primeira Fase KRC GENK 2 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Enzo Fernández) TEAM CHÊNOIS-CHAMPEL 1 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Mateo Songo'o -3-, Enzo Fernández e Leo Lorenzo -2-) FC LAUSANNE SPORT 2 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Yago Prieto)
Loita polas posicións do 9º ao 16º FABRIL FC ALEVÍN 2 (Álex Casado e Enzo Fernández) - YVERDON SPORT FC 0 FABRIL FC ALEVÍN 1 (Mateo Songo'o) - SPORTING CLUBE DE BRAGA 2 FABRIL FC ALEVÍN 2 (Mateo Songo'o -2-) - ATALANTA BERGAMASCA CALCIO 3
Onte sábado, os fabrilistas disputaron unha serie de partidos amigables con estes resultados:
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Diego Castelo, Enzo Fernández e Leo Lorenzo) - ATALANTA BERGAMASCA CALCIO 1 FABRIL FC ALEVÍN 1 (Mateo Songo'o) - NANTES FC 1 FABRIL FC ALEVÍN 1 (Mateo Songo'o) - SPORTING CLUBE DE BRAGA 0
Debido a este torneo, o Fabril FC Alevín xogou o pasado xoves o seu partido de liga correspondente á última xornada no grupo 1º da Primera A Coruña de fútbol 8, resolto con empate (0-0) ante o Ural Español CF.