RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Boa primeira xornada do Cadete no Torneo do Algarve

O Cadete branquiazul, campión do subgrupo A da División de Honra a falta de dúas xornadas, participa estes días nun Torneo Internacional no Algarve, que se xoga nas localidades lusas de Albufeira e Silves.

O equipo que prepara Darío Cotelo quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B con estes rivais: ISR e Football Ambitions (Países Baixos), Sporting CP (Portugal), KS Górnik Zabrze (Polonia), Vasalunds IF (Suecia) e KRC Genk (Bélxica).

A primeira xornada, hoxe venres, saldouse con dúas vitorias, unha delas de pompa ante o Sporting CP, e un empate sen goles. Mañá sábado agardan outros tres partidos máis desta primeira fase do torneo.

O calendario de partidos do Cadete, todos de 35 minutos de duración, é o seguinte:

Venres 11 de marzo
ISR 0 - CADETE 3 (Lucas Taibo, Samuel e Mesfin)
CADETE 1 (Mesfin) - SPORTING CP 0
CADETE 0 - KS GÓRNIK ZABRZE 0

Sábado 12 de marzo
10:45: VASALUNDS IF - CADETE, en Albufeira
13:00: CADETE - KRC GENK, en Albufeira
16:00: FOOTBALL AMBITIONS - CADETE, en Albufeira

O domingo 13 xogarase a Fase Final en Albufeira segundo clasificación na Primeira Fase. Así, os dous primeiros do grupo xogarán a Fase polo Título; o terceiro e o cuarto pelexarán polas posicións quinta á oitava; o quinto pola posición novena e décima; o sexto pola undécima e duodécima posición; e o sétimo pola décimo terceira ou décimo cuarta praza.

Debido a este torneo, o encontro da fin de semana correspondente á 21ª xornada de liga do Cadete ante o CD Lugo en Abegondo xogarase o martes 15 de marzo ás 18:30.