RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Borja Bastón: Juan Carlos faloume incriblemente ben da cidade e do Club

Borja González Tomás, Borja Bastón, foi presentado esta tarde como novo xogador do Deportivo. Chega nunha cesión por dúas tempadas, con opción a ampliar o seu contrato se resolve o seu contrato coa Atlético de Mad

O Presidente cualificou de mestura "explosiva" a súa condición de madrileño de nacemento e galego de orixe, posto que o pai de Borja é de Marín; e o seu avó, de Rianxo.

De feito, o futbolista, visiblemente feliz, indicou que "houbo outros equipos interesados, pero cando saíu o Dépor, pois xa o tiven claro".

Recoñeceu que o deportivista Juan Carlos, co que coincidiu no Huesca a pasada tempada, "faloume incriblemente ben da cidade e do Club".

Ademais, o Presidente explicou que na operación entran dous xuvenís deportivistas, Xullo Delgado e Alberto Leira; ademais de Jaime, futbolistas que "xa manifestaran o seu desexo de non xogar máis no Deportivo". Lembrou neste sentido que o Dépor resérvase uns dereitos económicos en caso de traspaso dos xogadores ou da súa incorporación ao persoal do Atlético de Madrid ou Atlético de Madrid B.