O dianteiro deportivista Borja Valle foi distinguido por unanimidade pola Peña Deportivista Rebumbio como o 'Xogador Revelación da Temporada 2017-2018.
O ariete berciano foi elixido despois do seu gran final de liga, nun momento de extrema dificultade para o equipo; como o demostra a súa actuación persoal en San Mamés ante o Athletic Club ou no Estadio ABANCA-RIAZOR fronte ao Villarreal CF.
Borja Valle recolle así a testemuña de futbolistas como Fabricio, Lucas Pérez ou Juan Domínguez, entre outros.
O acto de entrega será mañá luns 23 de xullo a partir das 20:00 horas na sede da peña presidida por Noelia Díaz, a Cervecería Grace O'Malleys, sita no Paseo das Pontes, 5 da Coruña.