Borja Valle Balonga (Ponferrada, 9 de xullo de 1992) e o Real Club Deportivo chegaron a un acordo para a ampliación da súa vinculación contractual por unha temporada máis da que figuraba no seu actual contrato, polo que o berciano será xogador branquiazul até o 30 de xuño de 2020.
Deste xeito, o Deportivo reitera a súa confianza nun futbolista que aposta por converterse nun xogador importante no novo proxecto deportivista.