RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Cada socio poderá retirar ata tres entradas da bancada que ocupa a cinco euros

O Consello de Administración quere que o deportivismo apoie de forma masiva este domingo ante o Xetafe ao persoal, que tantas vicisitudes negativas en forma de lesións, mala fortuna, decisións erróneas... tivo que superar no que vai de compe

Por conseguinte, cada socio do Deportivo poderá retirar desde mañá xoves a partir do cinco da tarde ata un máximo de tres entradas ao prezo de cinco euros para a bancada que ocupa ou outra de igual ou superior prezo de face ao decisivo choque ante o Xetafe, con tres puntos importantes en xogo de face á loita polos postos europeos.
 
O obxectivo do Club con esta medida é que as bancadas do Estadio de Riazor presenten unha entrada de gala e poder levantar o ánimo do equipo ante un complicado rival.

As entradas a prezo especial para socios están limitadas ao aforamento e á venda ao público polo que se entregarán por rigorosa orde de compra ata o máximo posible.
 
Por outra banda, para o público en xeral, os prezos das entradas son os seguintes:

Tribuna Superior, Tribuna Inferior e Tribuna Dianteira: 60 euros
Preferencia Superior: 55 euros
Preferencia Superior Lateral: 50 euros
Preferencia Inferior e Preferencia Inferior Lateral: 30 euros
Maratón Superior: 45 euros
Maratón Inferior: 25 euros
Pavillón Superior: 40 euros
O horario da Oficina de Atención ao Socio e Accionista é, este xoves e o venres, de 10.00 a 13.30 e de 17.00 a 19.30 horas.