RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

O RC Deportivo, protagonista no Congreso Internacional sobre Fútbol, Innovación e Psicoloxía

Varios profesionais do RC Deportivo participaron no IV Congreso Internacional sobre Fútbol, Innovación e Psicoloxía, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia. 

O congreso reuniu a destacados referentes internacionais no ámbito da psicoloxía do deporte, así como a adestradores, investigadores e ex deportistas de prestixio.

Entre as figuras máis relevantes que participaron no encontro destacan Regina Brandão, psicóloga da selección brasileira en 2006 ou Isabel Balaguer, psicóloga de Carlos Alcaraz, entre outros.

En representación do Club, o analista do primeiro equipo Asier Marote falou sobre os "recursos tecnolóxicos aplicados á análise do xogo".

Fran Alonso (na foto principal da noticia), técnico do Dépor ABANCA, participou nunha mesa redonda sobre "O fútbol feminino en España. Estado actual e futuro".

Manuel Posse, tamén membro do corpo técnico das Nosas, referiuse no seu relatorio ao "Control e monitorización da carga en fútbol feminino profesional".

Finalmente, o congreso contou tamén coa participación do equipo psicoeducativo do RC Deportivo.

Joaquín Sorribas (na foto encima destas liñas), psicólogo do primeiro equipo masculino e responsable do Departamento de Área Conductual do RC Deportivo, impartiu o relatorio titulado "Xestionando a presión no alto rendemento a través dos climas motivacionales".

Ademais, outros profesionais do departamento impartiron o taller "DEPÓRVIDA: Un programa de intervención para a mellora do carácter de novos futbolistas". Nesta actividade, Elkin Flórez Domínguez (na foto inferior), Laura Mella Boullón, Seydiba Mendes e David Tomé Lourido presentaron unha iniciativa desenvolvida dentro do Club que ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento integral dos xogadores a través do traballo en valores, a consolidación de hábitos saudables e o fortalecemento de competencias persoais.

Este tipo de iniciativas reforzan a importancia do traballo psicolóxico no deporte formativo, pondo o foco no crecemento humano dos futbolistas máis aló do rendemento deportivo.