RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Circuíto físico con finalizacións, posición e un partido, tarefas este xoves para Os Nosos

A calor de xullo deu unha tregua este xoves a Os Nosos, que se adestraron entre os campos 2 e 3 de Abegondo con apenas 20 graos e orballo.

A xornada arrincou cunha activación e un circuíto físico con finalizacións.

A continuación, Antonio Hidalgo dispuxo unha tarefa de posesión e un partido once contra once en espazos amplos.

Jose Ángel está con traballo personalizado mentres que Arnau Comas fai unha parte co grupo e outra co readaptador.

Este venres, o Dépor adestrarase de novo na Cidade Deportiva a partir das 10:30 horas.