RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Cadete A e Infantil B adiantan os seus partidos ligueiros en Abegondo ao venres 7 ás 18:30

Dous equipos de #ANOSACANTEIRA adiantaron os seus partidos ligueiros ao venres 7: Cadete A e Infantil B. Ambos, líderes destacados na División de Honra cadete e o grupo 1º de Primeira Autonómica infantil, xogan en Abegondo ás 18:30 ante ED Xuventude de Oroso e SDC Órdenes respectivamente.

Na Cidade Deportiva haberá outros 3 partidos máis xa durante a fin de semana. Dous deles serán o sábado 8: Xuvenil B fronte a ED Val Miñor (13:00 horas) e Infantil A ante Arosa SC (12:30 horas); e 1 máis o domingo: o Xuvenil A ante o Real Racing Club (12:00 horas).

Compiten lonxe de Abegondo o Fabril (domingo ás 17:00 no Morrazo ante o Alondras CF), Deportivo ABANCA B (domingo ás 12:30 en Oviedo ante o Oviedo Moderno CF B) e Cadete B (sábado ás 16:00 en Cabo de Cruz ante o EFM Concello de Boiro).

No resto de categorías, o Alevín A do Deportivo arrancou hoxe mércores 5 de febreiro con triunfo (6-0) en Abegondo ante o CD Calasanz o Trofeo Luis Calvo de fútbol once, no seu grupo norte.

Ademais de ambos, completan este grupo os seguintes equipos: CD Lugo A, ED Luis Calvo Sanz A, EF Racing de Ferrol A, Oza Juvenil SD A, SDCyR Narón O Freixo, Ural CF A, Atlético Coruña Montañeros CF A, SD Residencia, Galicia Caranza A, San Tirso SD A, Victoria CF A e Imperátor OAR A.

O formato de competición é de liga a unha soa volta. O campión de grupo xogará a finais de maio ou principios de xuño a gran final no campo das Eiroas de Carballo contra o campión do grupo sur.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira División
23ª xornada: ALONDRAS CF - FABRIL, o domingo 9 de febreiro ás 17:00 no campo do Morrazo (Cangas)
Clasificación: ... 3. Arosa SC, 39 puntos; 4. CD Barco, 37 puntos; 5. CSD Arzúa, Fabril e UD Ourense, 34 puntos; 8. CD Choco, 33 puntos; 9. Racing Villalbés e CD Arenteiro, 29 puntos...

Categoría feminina
18ª xornada: OVIEDO MODERNO CF B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 9 de febreiro ás 12:30 no campo Manuel Díaz Vega (Oviedo)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 2. CD Monte, 38 puntos; 3. Victoria FC e Deportivo ABANCA B, 33 puntos; 5. Oviedo Moderno CF B, 31 puntos; 6. CD Valladares, 29 puntos...

Categoría xuvenil
21ª xornada: XUVENIL A - REAL RACING CLUB, o domingo 9 de febreiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: ... 2. Sporting de Gijón, 50 puntos; 3. Xuvenil A, 38 puntos; 4. Real Racing Club e Bansander, 34 puntos...

21ª xornada: XUVENIL B - ED VAL MIÑOR B, o sábado 8 de febreiro ás 13:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 55 puntos; 2. Xuvenil B, 43 puntos; 3. Pabellón Ourense CF, 39 puntos...

Categoría cadete
21ª xornada: CADETE A - ED XUVENTUDE DE OROSO, o venres 7 de febreiro ás 18:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete A, 60 puntos; 2. RC Celta, 55 puntos...

21ª xornada: EFM CONCELLO DE BOIRO - CADETE B, o sábado 8 de febreiro ás 16:00 en Valiño (Cabo de Cruz)
Clasificación da Liga Galega, grupo norte: 1. Cadete B, 51 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 46 puntos...

Categoría infantil
4ª xornada: INFANTIL A - AROSA SC, o sábado 8 de febreiro ás 12:30 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Fase polo Título Galego: 1. RC Celta, Infantil A e CD Lugo, 9 puntos; 4. CD Calasanz, 7 puntos...

22ª xornada: INFANTIL B - SDC ÓRDENES, o venres 7 de febreiro ás 18:30 en Abegondo (campo de herba sintética)
Clasificación da Primeira Autonómica, grupo 1º: 1. Infantil B, 57 puntos; 2. Ural CF B, 50 puntos...

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 1ª xornada: ALEVÍN A 6 (Diego -4-, Íker e Lucas) - CD CALASANZ 0
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, 2ª xornada: ED LUIS CALVO SANZ A - ALEVÍN A, o xoves 13 de febreiro ás 18:30 nas Eiroas (Carballo)

10ª xornada: ALEVÍN A - CF DUMBRÍA, o sábado 8 de febreiro ás 12:30 na Torre (campo 2.1)
Clasificación da Liga Comarcal: 1. Alevín A, 24 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF A, 23 puntos; 3. Victoria CF A, 21 puntos...

Amigable, disputado onte martes (foto superior): ALEVÍN B 4 (Mario, Paulo e Íker -2-) - SELECCIÓN A CORUÑA SUB-12 2

9ª xornada: URAL CF C - ALEVÍN B, o sábado 8 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 2.2)
Clasificación da Primeira C: 1. Alevín B, 24 puntos; 2. Victoria CF C, 21 puntos...

Categoría benxamín
10ª xornada: OUTES CF - BENXAMÍN A, o sábado 8 de febreiro ás 11:30 no Municipal do Conchido (Serra de Outes)
Clasificación da Liga Comarcal: 1. Benxamín A, 27 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz A e San Tirso SD A, 21 puntos...

9ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B - BENXAMÍN B, o sábado 8 de febreiro ás 11:30 na Torre (campo 4)
Clasificación da Primeira C: 1. Benxamín B, 24 puntos; 2. Victoria CF B, 17 puntos...